martes, 3 de decembro de 2019

MÚSICA E PELÍCULAS







A cera anque fai o lume

ponse lonxe do calor.

A cera anque fai o lume

ponse lonxe do calor.

E o amor cando é celoso

canto máis lonxe mellor.
E o amor cando é celoso
canto máis lonxe mellor.
Aínda que se pon e nace
o sol sempre está no ceo.
Aínda que se pon e nace
o sol sempre está no ceo.
Aínda que os teus ollos marchen
sempre están dentro dos meus.
aínda que os teus ollos marchen
sempre están dentro dos meus.
Eu nacín onde nacín
e teño orgullo e máis ben.
Eu nacín onde nacín
e teño orgullo e máis ben.
Que non pode amar o alleo
quen non estima o que ten.
Que non pode amar o alleo
quen non estima o que ten.
Que pertinente, que pertinente.
andar pola vida humanamente.

O amor cando é verdade
non pode amargar a vida.
O amor cando é verdade
non pode amargar a vida.

PELÍCULAS






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.