mércores, 6 de novembro de 2019

CIENTÍFICAS NA AULA


A Coordinación de Igualdade, a Coordinación de Normalización e Dinamización Lingüística e o Departamento de Matemáticas:

Súmanse a unha iniciativa da división educativa de CASIO ESPAÑA, de interese pola ciencia, visibilizando científicas relevantes.

A iniciativa consiste en decorar o centro con doce carteis adicados a científicas e investigadoras que cos seus incribles esforzos, contribuíron a un mundo mellor.
Levarase a cabo con:
  • ·         Unha exposición dos carteis mencionados (do mércores 6 de novembro ata o mércores 20).
  • ·         Un grupo de alumnado de Artes Escénicas, coordinado por Igualdade, que fará a montaxe dun vídeo coas representacións das científicas retratadas.
  • ·         Presentación a concurso da imaxe da exposición, co alumnado de Artes Escénicas representando os carteis.
  •       Traballo de unidades didácticas relativas a esta temática nas aulas. 

                       ENLACE: UNIDADES DIDÁCTICAS     INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO